Sociais de 1º ESO por Brea Pedreira, Ana

Sociais de 1º ESO

El siguiente libro  lleva como título Sociais de 1º ESO. El autor es Brea Pedreira, Ana y fue publicado en la fecha 01/01/11.  La editorial del libro es Baía Edicións A Coruña. y se acomoda en la categoría de «Sociedad».

Acerca del libro:

Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso o referido a 1º curso da ESO. As autoras, Ana Brea Pedreira e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia. A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática. As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras. O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación. O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos. Ao final da unidade van tres apartados: Traballamos con…, Lectura complementaria e Lembra e aplica. Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.

Accede a tus E-Books Favoritos!
Sociais de 1º ESO

  • Título: Sociais de 1º ESO
  • Autor: Brea Pedreira, Ana
  • Editorial: Baía Edicións A Coruña.
  • ISBN: 9788499950006
  • Idioma: Español
  • Género: Sociedad
  • Paginación: 256
  • Publicado: 01/01/11

Información sobre el autor:

Información sobre el autor no disponible

Otros libros del autor Brea Pedreira, Ana

Etiquetas: Sociedad y cultura general | Geografía | Educación Secundaria Obligatoria | Gallego (galego) | CIENCIAS DE LA TIERRA/GEOCIENCIAS