Saltar al contenido

Economía e organización de empresas . Exercicios prácticos por Prieto-Puga, Rafael

agosto 7, 2019

Economía e organización de empresas . Exercicios prácticos

El siguiente libro lleva como título Economía e organización de empresas . Exercicios prácticos. El autor es Prieto-Puga, Rafael y fue publicado en la fecha 01/01/07.  La editorial del libro es Baía Edicións A Coruña. y se acomoda en la categoría de «MATERIAL DIDÁCTICO».

Acerca del libro:

Este é un libro que pretende ser eminentemente práctico, orientado a facilitar a aprendizaxe da resolución de exercicios que se presentan no estudo dun nivel de iniciación da Economía e Organización de Empresas. O aspecto práctico nesta materia é unha vertente importante no seu estudo, que normalmente vai interrelacionado coa parte teórica, pero que esixe un tempo e un esforzo especial tanto a nivel individual como colectivo, diferenciado da teoría. A aprendizaxe dos contidos procedementais, nunha materia baséase normalmente na repetición dun modelo tomado como referencia, sobre o que se van incorporando variantes que entrañan diferentes niveis de dificultade, até conseguir alcanzar o nivel dos obxectivos propostos. Con este manual pretendemos axudar neste proceso de ensino e aprendizaxe, proporcionando os procedementos que contribúen a desenvolver as habilidades que requiren a comprensión e dominio na resolución dos casos prácticos que se presentan nesta materia. O libro nace cun obxectivo de autonomía e ao mesmo tempo pretende ser un complemento dos que actualmente están no mercado, e que son utilizados normalmente polo profesorado e alumnado desta materia. Autonomía que se consegue achegando para cada tipo de exercicios, unha pequena introdución teórica que sustente e proporcione as claves prácticas da resolución dos problemas que se presentan en cada caso para a súa resolución. A esta introdución segue un exercicio resolto, cos seus pasos explicados; a continuación, e co obxectivo de practicar o método presentado, propóñense unha serie de exercicios a resolver ben individual ou colectivamente na clase, que van acompañados da súa solución, para así poder autoavaliar o seu resultado. A organización do texto está centrada unicamente naqueles aspectos prácticos máis comúns da materia de Economía e Organización de Empresas, e consta de 12 capítulos que van desde o estudo dos custos e da produtividade até a análise financeira da empresa. Cada un dos capítulos estará centrado nun tipo concreto de exercicios dos considerados normais para un nivel inicial de estudo desta materia. O carácter ambicioso do manual baséase fundamentalmente no referente á súa utilidade, tanto para o profesorado como para alumnas e alumnos; utilidade que ben dada pola especializacion de cada un dos capítulos nunha tipoloxía de problemas, así como por ter uns obxectivos específicos perfectamente claros en cada caso.

Economía e organización de empresas . Exercicios prácticos

  • Título: Economía e organización de empresas . Exercicios prácticos
  • Autor: Prieto-Puga, Rafael
  • Editorial: Baía Edicións A Coruña.
  • ISBN: 9788496893139
  • Idioma: Español
  • Género: MATERIAL DIDÁCTICO
  • Paginación: 160
  • Publicado: 01/01/07

Información sobre el autor:

Información sobre el autor no disponible

Otros libros del autor Prieto-Puga, Rafael

Etiquetas: MATERIAL DIDÁCTICO | Gestión y técnicas de gestión | Educación Secundaria | Economía