Diario da luz e a sombra por Moreno, María Victoria

Diario da luz e a sombra

El siguiente libro lleva como título Diario da luz e a sombra. El autor es Moreno, María Victoria y fue publicado en la fecha 25/01/18.  La editorial del libro es Edicións Xerais y se acomoda en la categoría de «DIARIOS».

Acerca del libro:

A escritora María Victoria Moreno recolle neste libro a súa experiencia e reflexións como enferma de cancro de mama. Unha crónica literaria de beleza desconcertante, de sinceridade asombrosa, escrita dende a serenidade e a coraxe de quen sabe que unha doenza, por grave que for, non muda a personalidade de ninguén, se non que apenas resalta os trazos característicos de cadaquén. Velaí a mirada humilde, froito dun optimismo sensato, de quen posúe a convicción de que nunca é tempo de abrirlle as portas á desolación. Velaí, a grandeza literaria dun texto que devolve ao lector ou a lectora a ilusión necesaria para conservar todo aquilo que confire á vida un valor, até entón quizais subestimado: descubrir nas rutinas diarias pequenos praceres insospeitados, establecer vencellos afectivos ou amorosos, ou contar coa serenidade suficiente para enfrontar os contratempos do devir cotián. Destilación de vida en estado puro. A lectura deste diario literario proporciónanos a posibilidade de esculcar os territorios da luz e a sombra da alma humana. Achegarse a estas páxinas cheas de coraxe, enchidas de humor e tamén dalgunhas bágoas, constitúe un exercicio de humildade e de confianza nas posibilidades dos seres humanos. Esa é a aposta pola vida e pola esperanza á que nos convida María Victoria Moreno.

Accede a tus E-Books Favoritos!
Diario da luz e a sombra

  • Título: Diario da luz e a sombra
  • Autor: Moreno, María Victoria
  • Editorial: Edicións Xerais
  • ISBN: 9788497822336
  • Idioma: Español
  • Género: DIARIOS
  • Paginación: 128
  • Publicado: 25/01/18

Información sobre el autor:

María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara 1941- Pontevedra 2005) foi licenciada en Filoloxía Románica e Catedrática de Bacharelato de lingua e literatura españolas nun instituto de Pontevedra. Escritora, conferenciante e tradu-tora, impartiu numerosos cursos de lingua galega e preparou textos didácticos. Considerada como unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, publicou o seu primeiro libro, Mar adiante, en 1973, recuperado por Xerais en 2009. Dende entón publicou títulos tan importantes como Leonardo e os fontaneiros (1986), primeira novela realista da literatura infantil en galego; Anagnórise (1988), novela incluída na Lista de Honra do IBBY 1990 e traducida a varias linguas; ou Guedellas de seda e liño (1991), novela pola que obtivo o premio White Ravens 2002 e unha mención especial dos Premios da Crítica Galicia 2000 no eido da Creación Literaria; e Eu conto, ti cantas� (Xerais 2005). Recolleu a súa experiencia como enferma de cancro de mama en Diario da luz e a sombra (Xerais 2004). A súa obra poética, editada postumamente, está recollida no libro Elexías de luz (Xerais 2006).

Otros libros del autor Moreno, María Victoria

Etiquetas: DIARIOS, CARTAS Y DIARIOS DE NAVEGACIÓN